Acebe CCA convoca a asamblea xeral que se celebrará o 30 de xaneiro
Mañá xoves 30 de xaneiro ACEBE CCA celebrará unha nova ASAMBLEA XERAL na que se presentarán diferentes asuntos de interese para o tecido comercial e empresarial de Betanzos. O encontró celebrarase no Salón Azul do Liceo de Betanzos ás 20.30 h en primeira convocatoria e ás 21.00 h en segunda convocatoria. Na asamblea presentarase o balance das actividades realizadas en 2013 e adiantarase o plan de actuación para a dinamización e a promoción dos comercios e empresas de Betanzos durante o ano 2014. Ademais votaranse as datas de celebración da edición de primavera de Mercabetanzos, o mercado de oportunidades do comercio de Betanzos, que se vén celebrando con grande éxito desde o ano 2008. Dada a importancia dos temas que se tratarán, a xunta directiva de ACEBE CCA fai un chamamento ós asociados para contar cunha ampla participación.











