A XLVI Feira do Cocido de Lalín será presentada en Cangas

Reunión do alcalde de Cuntis co rexedor de Lalín
Esta mañá o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo recibiu ao alcalde de Lalín José Crespo e ao concelleiro de Turismo José Antonio Rodríguez para ultimar os preparativos da presentación da “XLVI Feira do Cocido de Lalín” que este ano terá lugar en Cangas o día 7 de febreiro a partir das 13:00 horas.
O acto será moi especial xa que se celebrará a bordo dun barco de transporte marítimo nas inmediacións das Illas Cíes. Nesta paisaxística localización os asistentes poderán degustar o famoso cocido de Lalín que se elaborará no interior do navío.
Crespo quixo agradecer ao Concello de Cangas e en especial a José Enrique Sotelo a súa colaboración para este evento que para el “é moi especial porque é a primeira vez que vamos a realizar unha presentación deste estilo e que mellor que nun lugar como Cangas”. Sinalou tamén que proporcionalmente “a comarca de O Morrazo é a que máis xente move a esta festa gastronómica”.











