A Volta a España 2014 finalizará en Santiago cunha etapa cronometrada

A segunda tenente de alcalde, Amelia González, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiron en Cádiz á presentación do percorrido da Volta a España 2014. A etapa final desta proba ciclista será unha cronometrada de 10 quilómetros en Santiago de Compostela. A de 2014 será a edición número 69 da Volta a España. Iniciarase o 23 de agosto de Jerez de la Frontera e concluirá o 14 de setembro coa chegada a Santiago. A Volta non remataba fóra de Madrid dende 1993, data na que tamén tivera fin en Compostela.

O percorrido da Volta inclúe 23 etapas: 3 cronos (1 por equipos e 2 individuais), 13 de media e alta montaña e 5 chas). Proba da dimensión da Volta é que move unha caravana de preto de 3.000 persoas.

11 de xaneiro de 2014 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.