A VI Media Maraton Coruña21 aspira a superar os 1.500 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Prentación do maratón

Prentación do maratón

O concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Francisco Mourelo, acompañado polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, presentou esta mañá a sexta edición do Medio Maratón Coruña21, que se disputará o próximo 23 de febreiro co obxectivo de superar os 1.500 participantes. O responsable municipal ha anunciado ademais que esta proba albergará o XXIII Campionato de España de Medio Maratón Absoluto e Veterano desta distancia, que ademais será válido para buscar a mínima para o Mundial do 29 de marzo en Copenhague.

“De novo A Coruña convértese na capital do atletismo e faio cunha proba de máxima calidade que incorpora algunhas novidades. Este ano, e co obxectivo de facilitar a tarefa dos atletas que pretendan dita marca mínima, realizouse unha modificación no percorrido habitual. Así, en lugar de 3 voltas a un circuíto de 7 Km, no que se producirían moitas dobraxes, combinouse unha volta pequena de 7 Km -coincidente coa volta tradicional do Medio Maratón-, e unha volta grande de 14 Km -coincidente coa habitual de Coruña42-. Desta forma, a cabeza de carreira non se atopará con ningunha dobraxe”, explicou o concelleiro, quen destacou o prestixio que supón acoller un Campionato de España, “algo que asegura a presenza de polo menos 500 corredores máis”.

A carreira sairá ás 10.00 horas dos Xardíns de Méndez Núñez e haberá un tempo máximo de 2 horas e media para completar a distancia. O percorrido será o seguinte:

Volta pequena: Saída en Cantón Pequeno fronte a Banco Pastor. Cantón Grande (Obelisco). Avda da Mariña (ida, paso por Meta). Avda de Montoto (ida). Rotonda de Porta Real. Xiro de retorno. Avda. de Montoto (volta). Avda da Mariña (volta). Cantón Grande (Obelisco, volta). Cantón Pequeno (ida). Praza de Mina (ida). Sánchez Bregua (ida). Praza de Ourense (ida). Linares Rivas (ida). Primo de Rivera (ida). Praza da Palloza (ida). Avda. do Exército (ida, xiro en casa do Mar). Estrada do Porto (ida). Rotonda de San Diego (ida). Estrada do Porto (Ida). Rotonda de Oza. Xiro de retorno. Estrada do Porto (volta). Rotonda de San Diego (volta). Estrada do Porto (volta). Casa do Mar. Avda. do Exército (volta). Praza da Palloza (volta). Primo de Rivera (volta). Linares Rivas (volta). Praza de Ourense (volta). Sánchez Bregua (volta). Praza de Mina (volta). Cantón Pequeno (volta, paso pola Saída).

Volta grande: Cantón Grande (Obelisco, ida). Avda da Mariña (ida, paso por Meta). Avda de Montoto (ida). Rotonda de Porta Real. Xiro de retorno. Avda. de Montoto (volta). Avda da Mariña (volta). Cantón Grande (Obelisco, volta). Xiro a dereita a Rúa Nova. Rúa Alta. Rotonda de Juan Canalejo (ida). Avenida Barrié da Maza (ida). Praza María Auxiliadora (ida). Segue Avenida Barrié da Maza (ida). Rotonda de Curros Enríquez (ida). Paseo Marítimo-Matadoiro (ida). Casa do Home (ida). Segue Paseo Marítimo (ida). Rotonda de Casa dos Peixes. Xiro de retorno. Paseo Marítimo (volta). Casa do Home (volta). Segue Paseo Marítimo-Matadoiro (volta). Avenida Barrié da Maza (volta). Buenos Aires (ida). Praza de Portugal (ida). Paseo de Rolda-Palacio Deportes (ida). Rotonda das Escravas (ida). Paseo Marítimo-Avenida San Roque de Fóra (ida). Rotonda de Labañou (Pai Rubinos). Xiro de retorno. Paseo Marítimo-Avenida San Roque de Fóra (volta). Rotonda das Escravas (volta). Manuel Murguía-Estadio Riazor (ida). Casa da auga (xiro de 180º). Manuel Murguía-Estadio Riazor (volta). Paseo de Rolda-Palacio Deportes (volta). Praza de Portugal (volta). Buenos Aires (volta). Avenida Barrié da Maza (volta). Modesta Goicouría. Praza de Pontevedra (cafetaría Manhattan á esquerda). Juana de Veiga. Praza de Mina (ida). Sánchez Bregua (ida). Praza de Ourense (ida). Linares Rivas (ida). Primo de Rivera (ida). Praza da Palloza (ida). Avenida do Exército (ida). Casa do Mar (ida). Estrada do Porto (ida). Rotonda de Porto de San Diego (ida). Segue Estrada do Porto (ida). Rotonda de Porto de Oza. Xiro de retorno. Estrada do Porto (volta). Rotonda de Porto de San Diego (volta). Segue Estrada do Porto (volta). Casa do Mar (volta). Avenida do Exército (volta). Praza da Palloza (volta). Primo de Rivera (volta). Linares Rivas (volta). Praza de Ourense (volta). Sánchez Bregua (volta). Praza de Mina (volta). Cantón Pequeno (volta). Cantón Grande (Obelisco, volta). Avenida da Mariña (META).

“Esperamos superar os 1.500 atletas chegados a meta e que os corredores populares teñan unha nova oportunidade de correr á beira de grandes figuras nacionais, como xa ocorreu en Coruña42 de 2013 onde puidemos ver a Javi Guerra coroarse como Campión de España e alcanzar a mínima para o Mundial de Moscova”, destacou o concelleiro.

Inscrición

Os interesados en participar na proba poden inscribirse na páxina online da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com que estará operativa até o 18 de febreiro e pagar a inscrición que oscilará entre os 15 e os 18 euros, con desconto do 50% da cota que lles corresponda a desempregados e xubilados. Ademais, os corredores agruparanse por categorías:

– Junior: Nacidos en 1995 e 1996.

– Promesa: Nacidos nos anos 1992, 1993 e 1994.

– Senior: Desde o ano 1999 e anteriores até veteranos.

– Veteranos (7 categorías distintas a partir dos 35 anos).

O concelleiro de Deportes destacou que, tanto en categoría masculina como femenia, haberá premios en metálico para os primeiros clasificados (seis en cada categoría). Tamén haberá premios para os mellores galegos e os mellores coruñeses. “Como novidade, este ano hai un premio económico especial á marca da proba que estableceron o ano pasado os marroquís Mohamed Boucetta e Fátima Ayachi”, anunciou Mourelo.

Toda a información da carreira pode consultarse a través de www.coruna.es/carreraspopulares e a partir do 23 de xaneiro a través da conta de Twitter \<sent\>Coruna21.

Francisco Mourelo destacou que esta proba se inclúe dentro do compromiso do Goberno municipal de seguir sumando coruñeses á práctica deportiva e aos hábitos de vida saudables. Neste sentido, lembrou o incremento no número de participantes na proba, pasando de 854, en 2010, a 1.188 o ano pasado e esperando que este ano se supere a cifra de 1.500 corredores.

21 de xaneiro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.