Á venda as entradas do Santiago Futsal para os cuartos de final da Copa de España
A pouco máis dun mes e medio para a disputa da XXV Copa de España que se disputará en Logroño do 13 ao 16 de Marzo, o club pon a disposición dos seus abonados e afeccionados entradas para a xornada do venres 14 de Marzo, cando o Santiago Futsal disputa os cuartos de final contra Montesinos Jumilla ás 19h.
Os afeccionados deberán acudir ás oficinas do club a adquirir as súas entradas, mandando un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com ou chamando ao 981 11 50 38, até fin de existencias e con data límite o 7 de Febreiro, aos seguintes prezos:
Adulto: 12,50€
Infantil (Até 12 anos): 5,50€
Ademais, en caso de clasificarse, o Santiago Futsal porá a disposición dos seus afeccionados entradas para as semifinais e final, para o que se deberá facer a reserva previa a través dos medios anteriormente citados, antes do 7 de Febreiro. Os prezos das entradas para cada xornada de semifinal e final son os seguintes:
Adulto: 15,50€
Infantil (Até 12 anos): 5,50€











