A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores visita A Laracha
A unidade móbil para a realización das inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores -de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade-, motos e quads –de máis de catro anos de antigüidade estará no Concello da Laracha o martes da próxima semana, día 21 de xaneiro.
O lugar no que se instalará será a rúa Manuel Murguía da capital municipal, concretamente na explanada xunto ao IES Agra de Leborís e a biblioteca.
O horario de atención ao público é de 9.00 a 13.30 horas.
A seguinte visita desta mesma unidade móbil ao Concello da Laracha xa foi programada para o día 24 de febreiro.
As persoas interesadas poden reservar cita previa para calquera das dúas datas por internet accedendo á web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 309 000.











