A secretaria do PSOE de Ferrol remarca que o 72% da asemblea pide a dimisión da portavoz
A secretaria local do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, negou este martes que exista “un batifondo” nas filas do seu partido a nivel local ao redor da petición de dimisión do seu portavoz no concello, Natividade González Laso, por parte do 72 por cento da asemblea de militantes.
“Somos un partido democrático, que tomou unha decisión clara, e trátase de executar as decisións que se toman por maioría”, engadiu, ao ser preguntada en rolda de prensa por esta situación e polo feito de que González Laso fose ratificada como portavoz nunha reunión do grupo municipal socialista.
Sen querer profundar neste extremo, Sestayo engadiu que se trata de “cuestións internas” que se liquidarán “con democracia” dentro do partido e resolveu que é o PP o que xera “problemas e conflitos” en Ferrol.











