A rúa Santo Domingo de Monforte pecharase ao tráfico este xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este xoves día 16 de xaneiro a rúa Santo Domingo pecharase á circulación de vehículos entre as 10:30 e as 13:00 horas.

O corte ó tráfico desta rúa realízase debido ós traballos de reparación dunha avaría na rede de iluminación pública, e afectará ó tramo comprendido entre o inicio da mesma e a Porta da Alcazaba ou Pescaderías.

O horario elixido para levar a cabo o peche da rúa respecta a incorporación e saída de clase do alumnado do colexio Fundación Torre de Lemos.

Dende as concellerías de Tráfico e Servizos Municipais pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse.

15 de xaneiro de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.