A rúa Salvador de Madariaga será cortada o 20 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A rúa Salvador de Madariaga será cortada finalmente o próximo luns día 20 despois de que a empresa que realizará os traballos de canalización na calzada tivese que pospoñer o inicio da obra. Esta rúa de Montrove, no tramo comprendido entre o cruce da avenida Rosalía de Castro e a intersección coa rúa Carreira da Cova, permanecerá pechada ao tráfico durante as 24 horas por un prazo máximo de dúas semanas. Debido ao ancho desta vía e o espazo que ocupan as canalizacións existentes é imposible realizar os traballos sen impedir o tránsito de vehículos. Este corte non influirá de forma drástica no tráfico xa que se habilita unha ruta alternativa a través da mencionada rúa Carreira da Cova e a rúa Constitución.

17 de xaneiro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.