A produtora da longametraxe A Esmorga busca figurantes no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

O vindeiro luns 27 de xaneiro procederase á selección dos figurantes para participar na longametraxe A Esmorga, dirixido por Ignacio Villar. Este casting de figurantes terá lugar no auditorio do Carballiño, desde as 12:30 ás 20:30 horas. Búscanse homes, mulleres, nenos e nenas de todas as idades.

A Esmorga gravarase na provincia de Ourense, con varias localizacións no Carballiño e os seus arredores. Neste sentido cabe destacar que desde o pasado mes de xaneiro o equipo técnico desta película están xa traballando na vila do Arenteiro, onde instalaron o seu centro neurálxico, máis en concreto na residencia de tempo libre.

Desde un primeiro momento o concello do Carballiño apoiou esta iniciativa de Vía Láctea, e é por iso polo que anima a todos os veciños e veciñas interesadas en p.articipar nesta gravación a que se acheguen o próximo 27 de xaneiro ao auditorio da vila

21 de xaneiro de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.