A praza de Armas de Ferrol acollerá un concerto en beneficio da cociña económica
A praza de Armas será escenario este sábado do I Festival Solidario “Cociña Económica”. Un evento que dará comezo a partir das 22:30 horas e co que colabora a Concellería de Festas do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós.
Así as cousas, a edil lembraba esta mañá que esta iniciativa de carácter solidario ten como obxectivo a recollida de alimentos non perecedoiros que irán destinados a esta entidade social, polo que as persoas que queiran asistir aos concertos deberán achegar algún alimento deste tipo. No concerto actuarán os locais Emanens Band, o grupo Faneca´s Band e Ghost Machine, banda tributo a Police.











