publicidade hoxe

A praza de abastos de Ponteareas está a sufrir tarefas de modernización e remodelación para mellora do comercio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasPontevedra
A-
A+
Conde na visita á praza de abastos

Conde na visita á praza de abastos

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as actuacións desenvolvidas na Praza de Abastos de Ponteareas, a cuxa modernización e remodelación a Xunta leva destinado preto de medio millóns de euros nos últimos anos. “A través destas actuacións temos feito do mercado de Ponteareas un espazo moderno e funcional, posibilitando que o concello conte coa mellor praza de abastos posible como eixo vertebrador da súa actividade comercial”, sinalou Conde.

O titular de Economía e Industria destacou a importancia do comercio na economía de localidades como Ponteareas. Así, e como lembrou, a Xunta segue a traballar cos comerciantes consciente de que “o seu esforzo e dedicación contribúen a crear riqueza e emprego, enchendo de carácter e personalidade as nosas vilas e cidades”.

O conselleiro, que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e pola secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, salientou a importancia da cooperación entre as administracións no impulso da mellora competitiva do comercio de proximidade.

Nesta liña, a Consellería de Economía e Industria destinará no 2014 máis de 4 millóns de euros para colaborar cos concellos no impulso do seu comercio, promovendo actuacións que permitirán seguir mellorando as condicións das prazas de abastos.

Deste xeito, apuntou o conselleiro, a Xunta seguirá a avanzar na posta en marcha dunha Rede Galega de Mercados de Abastos Excelentes, impulsando a súa consolidación como líderes na venda de produto fresco e perecedoiro, con novos e mellorados servizos para os consumidores.

10 de xaneiro de 2014 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.