A portavoz socialista da Coruña reitera “a total colaboración” coa Xustiza tras a imputación dun edil na “Pokémon”
A portavoz socialista no Concello da Coruña, Mar Barcón, reiterou “a total colaboración” coa Xustiza tras a imputación de 12 persoas no Consistorio coruñés, entre eles o edil socialista e exresponsable de Contratación durante o bipartito, José Nogueira.
A preguntas dos xornalistas, Barcón subliñou que, no seu caso, estarán “cando e onde diga” a xuíza que instrúe o caso, Pilar de Lara Cifuentes. No entanto, tras trasladar a “total disposición” e “total colaboración”, remarcou que “os tempos da Xustiza márcaos a Xustiza”.
En canto ao feito de que a ausencia dunha xuíza de reforzo aprace as declaracións dos últimos imputados, entre eles o edil José Nogueira (PSOE) e o primeiro tenente de alcalde e portavoz do goberno local, Julio Flores (PP), cuestionou que o PP tivese “máis présa en cobrar taxas xudiciais que en mellorar e reforzar os xulgados”.
“Reforzar os servizos públicos non foi a marca do PP, nin para a Xustiza, nin para a Sanidade, nin para a Educación”, apostilou a portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello herculino.











