A Policía Local de Ourense e Progrape interveñen nun caso de inanición animal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Akhya

Akhya

O laceiro municipal, a Policía Local e a asociación Progape de Ourense interviron o pasado día 9 nun lamentable caso de maltrato animal, acontecido nun inmoble da estrada de A Granxa, tras detectar a presencia dunha cadela de dous anos nun estado preto da inanición. A cadela pesaba 14 quilos, cando o seu peso normal tería que ser cercano ós 30, e presentaba un cadro de desnutrición severa, xunco con deshidratación, anemia, falta de masa muscular e diversas feridas.

A cadela, unha American Stanford de dous anos de nome Akhya, estaba nunha vivenda unifamiliar da estrada de A Granxa. Contaba con microchip, polo que se puido identificar ós donos, aínda que non así coa pertinente licenza de cans perigosos, pese a pertencer a unha raza desta categoría.

Tras a intervención, a Policía Local e Progrape trasladárona ó veterinario, que conseguiu estabilizala. Actualmente atópase nun fogar de acollida, e Policía Local, Progape e o facultativo presentaron unha denuncia conxunta por vulneración da Lei contra o Maltrato Animal, por un suposto caso de abandono e maltrato.

Ademáis do cadro de desnutrición severa e deshidratación, o animal presentaba diversas feridas posicionais no seu corpo, propias do abandono, así como outra ferida incisa no peito.

11 de xaneiro de 2014 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.