A mostra fotográfica “Lalín con narices” poderase visitar no Museo Municipal
A mostra, coordinada polo Museo Municipal, abrangue imaxes da xente da política, das artes, das letras, do teatro e do cine, da música, da industria, do comercio e da hostalería, xente normal, etc. que teñen como nexo común un nariz de pallaso
Do venres, 7 de febreiro ata o 21 de febreiro poderase ver no “Museo Ramón Mª Aller” a exposición fotográfica LALÍN CON NARICES no marco das actividades a carón da XLVI Feira do Cocido. A inauguración está prevista para ás 20.30 horas.
A dita mostra, organizada polo Museo Municipal, comézase a preparar en 1999 e empézase a imprimir no 2004. Consta de 260 fotografías de xentes de Lalín ou que pasaron por Lalín. Un 70% por cento delas sacadas con nocturnidade. O nexo común presente en todas elas é un nariz de pallaso.
A exposición conta con varios apartados, tendo en conta a función que desempeñaba cada persoeiro cando foron realizadas as fotos:
Xente da política: Xosé Cuíña, José Crespo, Beiras, Francisco Vilariño, Jesús Otero, etc.
Xente das artes: Vidal Payo, Paco Lareo, Willy, Antón Lamazares, Pepita de Romero, Caruncho, Moldes, Guillermo Aymerich, Armindo Salgueiro, Álvaro Negro, Javier Buján, Miguel Calvo, David Barros, Manolo e Carlos Rial, O Vila, Almudena Fernández Fariñas, Susana Cedán, Chave, Carmen Payo, Elizabetta Longari, Monique van Steen, etc.
Xente das letras: Vázquez Pintor, Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, David Otero, Sechu Sende, Emma Couceiro, Ignacio Vilariño, Alba Payo, etc.
Xente do teatro e do cine: Mofa e Befa, Viravolta, Fantoches Baj, Ciudadano Frame, Álex Sampayo, Jorge Algora, Fran Lareo, Mónica García, etc.
Xente da música: Quim Farinha, Xocas Meijido, Begoña lorenzo, Ugía Pedreira, Plácido Rozas, Pablo Tubas, Lorena López, Carlos Quintá, Maestro Reverendo, Paz Vega, Alicia González Permuy, Jorge Porral… xentes da banda e outros grupos.
Xente da industria, comercio e hostalería: Florentino, Jaime de Alvarellos, José Ramón do Galopín, Ernesto do Camilo, Mónica e Lourdes do Alfonselle, etc.
Xente de Entroido.
Xente do Concello.
Xente normal.











