A ministra de Fomento ratifica que Renfe remitirá este martes a documentación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
E.P.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, ratificou este martes que Renfe vai remitir ao longo do día ao xuíz Luis Aláez “toda a documentación” que este lles requiriu en relación ao accidente ferroviario Angrois, no que faleceron 79 persoas.

Pastor realizou estas manifestacións durante un acto en Logroño, tras ser preguntada polos xornalistas acerca da documentación solicitada polo xuíz instrutor do caso.

A titular de Fomento apuntou que o feito de entregar a documentación “vai na mesma liña” na que o Ministerio “traballou dende o principio, que se saiba toda a verdade do que aconteceu” e “colaborar absolutamente coa Xustiza para que investigue todo o que pasou”.

Neste sentido, apostou por que as vítimas “teñan o recoñecemento que teñen que ter”, e para iso “o primeiro é saber toda a verdade”. Así, garantiu “toda a colaboración que deben ter todas as institucións públicas, neste caso Renfe”.

“Polo tanto, váiselle remitir toda a documentación, dende o mesmo momento que tivo coñecemento dun correo electrónico de hai dous anos”, explicou a ministra en referencia ao informe no que un maquinista xefe advertiu da escasa sinalización que tiña a curva de Angrois en decembro de 2011.

21 de xaneiro de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.