A Mancomunidade de Ordes comeza a campaña de dinamización ‘En galego sabe mellor’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOrdes
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes vai iniciar en breve a campaña de dinamización lingüística ‘En galego, o mellor sabor’. Unha iniciativa coa que se pretende chegar a toda a cidadanía desde o ámbito da hostalería, ao tratarse dunha área de grande incidencia en toda a sociedade da comarca.

O seu obxectivo fundamental é estender o uso da lingua galega nas relacións comunicativas do ámbito da hostalería, cun peso moi importante na vida diaria de calquera persoa, para crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relación interpersoais en tempo de ocio, así como de calquera outro tipo. O público obxetivo ao que vai orientada abrangue a toda a cidadanía indistintamente da súa condición social ou idade. Para levar este proxecto a cabo SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar directamente cos establecementos hostaleiros e propoñerlles a tradución e corrección das súas cartas ou menús.

Con elo iniciase a primeira das campañas previstas de cara a esta tempada por parte do SNL, que traballará noutras áreas e sectores poboacionais co fin de fomentar e incidir na importancia do uso do galego.

24 de xaneiro de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.