A Ludoteca de A Solaina realizará mun simulacro de evacuación, incluido no Plan de Autoprotección de Narón
A Ludoteca Municipal de A Solaina realizará mañá á tarde un simulacro de evacuación, incluído no Plan de Autoprotección do Concello. Previamente, terá lugar unha xornada de formacións na que participarán nen@s que son usuari@s da Ludoteca.
O horario deste simulacro é o seguinte:
16:30 horas: Xornada de Divulgación sobre:
– Primeiros Auxilios (ensinarase a conducta PAS –Protexer, Auxiliar e Socorrer- ante unha emerxencia, a Reanimación Cardiopulmonar, e o auxilio en caso de atragantamento).
-Prevención e comportamento ante un incendio.
17:30 horas: Simulacro
Realizarase un simulacro de incendio, que se comunicará nese momento ós Servizos de emerxencia de Narón. Mentras tanto, o persoal da Ludoteca actuará con extintores portátiles para controlar o lume, ata a chegada e actuación dos Servizos de Emerxencia Municipais (Emerxencias Narón e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil).











