A Laracha dispón de 5 prazas para participar na campaña de esquí da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Os rapaces nados entre os anos 2000 e 2003 (ambos inclusive) que desexen participar na Campaña de Esquí organizada pola Deputación Provincial da Coruña deben solicitalo no Concello da Laracha antes do martes da próxima semana, día 28 de xaneiro.

O programa desta actividade consistirá nunha estancia dunha fin de semana, a do 21 ao 23 de febreiro, na estación invernal San Isidro de León. Inclúe o transporte, aloxamento, manunteción e a realización dos cursiños de esquí.

Entre todos os solicitantes o Concello da Laracha realizara un sorteo para outorgar as cinco prazas dispoñibles. Unha vez sexan confirmadas as prazas, os beneficiarios deberán abonar a cota de inscrición, que é de 36 euros

22 de xaneiro de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.