A ITV móbil de ciclomotores, motos e quads estará o vindeiro mes de febreiro no Mesón do Vento
A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, motos e quads visitará o Concello de Ordes o vindeiro venres 7 de febreiro. Concretamente instalarase no Campo da Feira do Mesón do Vento nun horario que irá de 9 a 13.30h. Nesta ocasión os vehículos aos cales se lles parará revisión serán os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade e ás motos e quads de máis de 4 anos. A cita previa poderá concretarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. Aqueles que acudan sen cita concretada con antelación asignaráselles no momento da súa chegada.











