A información pública da ordenanza de tráfico do conxunto histórico de Tui remata o 27 de xaneiro
O Concello de Tui aprobaba o pasado 28 de novembro a Ordenanza sobre a Regulación do Tráfico no Conxunto Histórico que inclúe a peonalización deste espazo histórico. O obxectivo é o de diminuír o ruído, a contaminación ambiental, o reforzamento dos recursos turísticos e comerciais, promover a habitabilidade e a substentabilidade e a recuperación do peón como elemento esencial da identidade urbana.
Para o Concello de Tui o conxunto histórico é una das prioridades do goberno municipal, quen busca mantelo coma un ámbito privilexiado de contemplación artística, de convivencia, de encontro entre veciños e desenvolvemento comercial das áreas afectadas.











