A Guarda acolle a exposición fotográfica “VII Certame Viaxando”
A OMIX da Guarda informa que a partir do 25 xaneiro o edificio do Concello da Guarda albergará a exposición formada polas fotografías presentadas ao sétimo certame fotográfico Viaxando, un concurso organizado polas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de Xuventude de Tui e no que participan mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega.
A exposición poderá ser visitada no concello ata o 7 de febreiro de 2014.











