publicidade hoxe

A Gala Xalleiros 2014 en Santa Comba recoñecerá a 5 premiados pola súa labor social, cultural, educativa e deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanta Comba
A-
A+

A gala “Xalleiros 2014” que se desenvolverá o vindeiro venres desde as 9 da noite no multiusos de Santa Comba, presentada por Isabel Blanco, recoñecerá o traballo de varias persoas.

Este ano a relación de premiados está composta pola profesora dona Rosa María Gómez Vidal(Educación), polo músico José Amigo Ramos(Cultura), e tamén se recoñecerá a traxectoria dunha persoa moi vencellada a emigración xalleira no Brasil, cunha importante laboura social na Residencia Apóstol Santiago, como é Regina Jallas.

Como xa é costume tamén haberá recoñecementos no campo do deporte. Este ano  o premio será para o futbolista Sergio Prego “Doro” e haberá un premio a “título póstumo” para o finado Antonio Mouro, tamén moi ligado ao deporte no concello.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira destacou “a meritoria traxectoria de tódolos premiados, que os fai merecedores destes recoñecementos, que pretenden render homenaxe precisamente a xalleiros ilustres que nos deben servir de exemplo”.

A gala “Xalleiros 2014” contará coa actuación de Lucía Pérez e Fran Allo, e terá outras sorpresas que se coñecerán na propia velada.

20 de xaneiro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.