publicidade hoxe

A Fundación Plácido Castro de Cambados fai balance das actividades realizadas en 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

A Fundación Plácido Castro presentou a súa memoria anual na que recolle as numerosas actividades, certames e melloras acontecidas e organizadas na sede en Cambados. Entre os eventos destacan:

Conferencia Anual

O 25 de Xaneiro celebrouse en Pontevedra a XIV Conferencia Anual sobre “Rosalía, Plácido Castro e os Cantares Gallegos”, impartida por Anxo Angueira, profesor, escritor e estudoso da literatura galega. A actividade foi organizada en colaboración coa concellería de Cultura do concello de Pontevedra.

Premio de Tradución

A duodécima edición, correspondente a 2012, fallouse na vila de Vilagarcía de Arousa o 2 de xullo e o premio, por primeira vez, declarouse deserto “por non cumpriren as obras presentadas as bases establecidas”. Tamén se aprobaron as Bases da convocatoria para 2013 que incorporan como membro do Xurado a un representante da editorial Rinoceronte, entidade colaboradora desta iniciativa.

Presentación de “Irlanda en Plácido Castro”

Presentouse o 1 de Febreiro en Corcubión o volume “Irlanda en Plácido Castro”, contando coa colaboración de José Antonio Louro Pais, concelleiro de Cultura, e Xulio Ríos. A obra recolle a práctica totalidade das colaboracións de Plácido Castro relativas a Irlanda, tanto ordenadas cronoloxicamente como agrupadas baixo rúbricas como “Impresións de Irlanda”, “Un galego en Irlanda” ou o “Galician Programme” da BBC. A obra foi editada na colección Texturas Internacionais do IGADI e contou co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Para coñecer máis sobre as actividades realizadas pola fundación podes descargar a memoria anual.

10 de xaneiro de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.