A Fundación FAXPG entregará axudas a persoas xordas con escasos recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Fundación FAXPG fará entrega mañá, día 11 de xaneiro, no Centro Sociocultural de Fontiñas (Santiago de Compostela), ás 13.00 horas, de 9 axudas técnicas a outros tantos beneficiarios, persoas xordas con escasos recursos económicos.

A Fundación FAXPG abriu un prazo entre o 4 e 22 de novembro para que persoas xordas con poucos recursos puidesen solicitar unha destas dúas axudas: móbiles e detectores do son e receptores luminosos, co fin de eliminar as barreiras de comunicación que teñen a diario coa súa contorna.

Das 18 solicitudes presentadas 9 foron os seleccionados para obter ditas axudas, en función dos seus niveis de renda e a súa porcentaxe de discapacidade.

É a primeira vez que a Fundación FAXPG pon en marcha esta iniciativa cumprindo cun dos seus fins estatutarios, é dicir, derivar unha porcentaxe dos seus ingresos a axudar economicamente a persoas xordas

10 de xaneiro de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.