A Feira de Brión acollerá un obradoiro de sushi
A Feira de Brión celebrará este sábado 25 de xaneiro unha nova edición, que terá lugar entre as 11 e as 14 horas na explanada e na planta baixa do centro comercial Monte Balado. Ademais dunha gran variedade de postos, a gran novidade deste sábado será a celebración dun Obradoiro de Sushi.
O obradoiro de sushi terá lugar entre as 12 e as 13:30 horas no centro comercial Monte Balado e nel os alumnos aprenderán a preparar este coñecido prato xaponés. A cota de inscrición é de 20 euros e os interesados en participar deberán anotarse a través do mail: feiradebrion@gmail.com, xa que o número de prazas é limitado.
A Feira de Brión reúne os segundos e cuartos sábados do mes a unha trintena de postos que ofrecen todo tipo de produtos: roupa, xoias, bolsos, carteiras, xoguetes, doces, produtos da horta, contos… Uns postos nos que tamén está aberta a posibilidade de participar, conectando coa organización da feira a través do blog (feiradebrion.blogspot.com), do e-mail (feiradebrion@gmail.com), do Facebook (facebook.com/feiradebrion) ou do Twitter (@feiradebrion).











