A Federación Galega de Taekwondo comeza a súa actividade cun seminario e dúas concentracións
A Federación Galega de Taekwondo retoma esta fin de semana a actividade despois do período de vacacións coa celebración dun seminario e dúas concentracións.
“Seminario de prevención de lesións no taekwondo”. O próximo sábado 11 de xaneiro (17 a 20 horas) celebrarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o curso de prevención de lesións no taekwondo, ofrecido por Luis Casais, profesor da Facultade de Ciencias do Deporte de Pontevedra. Este seminario está dirixido aos deportistas e adestradores e no mesmo están inscritos un total de 30 alumnos. O curso será gratuíto para os membros das seleccións galegas e os adestradores colexiados no ano 2014.
Preselección absoluta. O día 11 de xaneiro (10 a 14 horas) celebrarase unha preselección absoluta no CGTD co seleccionador galego Jesús Benito. Na preselección, de onde sairán os deportistas que representarán a Galicia no Campionato de España, participarán quince deportistas masculinos dos pesos -54, -63, -87 e + 87, ademais de 24 taekwondistas femininas dos pesos -46, -49, -53, -57, -73 e +73. As e os deportistas terán que enfrontarse entre eles para decidir quen acudirá ao Campionato de España.
Recoñecida polo Consello Superior de Deportes – Rexistrada na Xunta de Galicia co nº 2025 o 06/04/1989. CIF G15237233. Entidade de Utilidade Pública (Lei 10/1990)
Preselección xúnior. Celebrarase o día 11 de xaneiro no CGTD (de 10:30 a 14:00 horas) coa participación de 24 deportistas femininas e 21 masculinos, que buscarán a praza para disputar o Campionato de España.











