publicidade hoxe

A Federación Discafis-COGAMI presentaralle ao Alcalde de Barbadás os servizos que presta a entidade na provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadás
A-
A+

O mércores, 15 de xaneiro, ás 13:00 horas na casa do concello de Barbadás, a Presidenta da Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense (Discafis-COGAMI), Laura Quintas, reúnese co Alcalde do Concello de Barbadás, José Manuel Freire Couto, para presentarlle os servizos que realiza a entidade a favor das persoas con discapacidade.

Discafis-Cogami leva en vigor 24 anos e, dende outubro de 2012, conta cunha nova xunta directiva que ten como un dos seus obxectivos principais, o de converterse nun referente na provincia de Ourense como entidade integradora das asociacións de ámbito comarcal e provincial. A Federación quere chegar a todas aquelas persoas con discapacidade, potenciando o movemento asociativo, sobre todo naquelas zonas rurais onde o illamento das persoas con discapacidade é maior.

Discafis-COGAMI está a realizar un estudo sobre accesibilidade e eliminación de barreiras, apoiado pola Obra Social “La Caixa”, co obxectivo de traballar por lograr un entorno máis accesible. Este proxecto vaille ser presentado ao alcalde de Barbadás, xunto co servizo de formación e emprego (SIL) que COGAMI ten en Ourense, formado por catro orientadores laborais que atenden na oficina da cidade e que tamén se desprazan ata as zonas do rural. Precisamente, a Presidenta irá acompañada do orientador laboral, Carlos Vázquez, que se encarga de atender ás persoas usuarias deste concello.

DISCAFIS COGAMI

Discafis-COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro e de utilidade pública que ten como misión acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Actualmente, esta federación está composta por trece entidades, sendo estas:

ACCU Ourense (Asociación de Enfermos de Crohn y Colitis Ulcerosa)

ALCER Ourense (Asociación de Lucha Contra las Enfermedades del Riñón) AODEM (Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, ELA, Parkinson y otras Enfermedades Neurodegenerativas)

AIXIÑA (Asociación de Minusválidos Físicos, Parálisis Cerebral y Tercera Edad Dependiente)

AGADHEMO (Asociación Galega de Hemofilia)

AGAL Ourense (Asociación Gallega de Lupus)

ALGARIA (Asociación de Discapacitados de la comarca de A Limia)

Asociación Ourensana de Hemofilia

AFFOU (Asociación de Fibromialgia y Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense)

Asociación de Discapacitados de Carballiño y Comarca

ASEM (Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares)

PUZZLE (Asociación Puzzle para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral das Persoas con Discapacidade)

DISVALIA (Persoas con discapacidade de Valdeorras Asociadas)

14 de xaneiro de 2014 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.