A exposición do VII Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfico chega á vila de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Cultura, Eva Olmo, informou esta mañá da próxima inauguración dunha nova exposición na Casa das Palmeiras. Nesta ocasión, este emblemático edificio municipal acollerá a mostra do VII Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfico que promove a Deputación provincial da Coruña. A exposición abrirá as súas portas este venres, 10 de xaneiro, ás 18 horas e permanecerá a disposición do público, con entrada libre, ata o próximo día 17 (de luns a venres de 18 a 20 horas).

A mostra recolle unha selección dos mellores traballos de grabado, xilografía ou serigrafía presentados ao certame, un dos máis prestixiosos a nivel nacional.

7 de xaneiro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.