A Escola de Nais e Pais de Ourense ofrece catro cursos para facilitar o desenvolvemento armónico das novas xeracións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense convoca, entre febreiro e maio do ano que vén de comezar, un programa de cursos dentro da Escola de Nais e Pais, que ten como principal finalidade servir de apoio ao papel de pais, nais e educadores no proceso de desenvolvemento armónico dos nenos e nenas, así como fomentar a comunicación entre os distintos membros que teñen esta tarefa.

Os cursos, nos que colabora a Xunta de Galicia, son de carácter gratuíto e darán comezo en febreiro, co primeiro deles: “Familia e sociedade” -inscrición aberta ata o 30 de xaneiro-. A continuación, celebrarase un curso por mes: “Familia con nenos de ata 12 anos”, en marzo; “Familia ante a crise”, en abril; e “Familia e adolescencia”, en maio.

A planificación do programa responde ao desafío de facilitar o desenvolvemento do potencial e atributos que requiren as novas xeracións, acompañándoos nese reto.

Os principais destinatarios son nais, pais e axentes educadores, que poidan asistir dúas horas semanais a colexios ou dependencias do Concello. Levaranse a cabo de xeito activo, dinámico e participativo, mediante reunións formativas e guías didácticas dos temas.

16 de xaneiro de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.