publicidade hoxe

A DXT ofrecerá unha charla sobre seguridade vial en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Dentro dunha campaña de ámbito autonómico, técnicos da Dirección General de Tráfico (DGT) impartirán unha charla sobre seguridade viaria na Casa do Concello de Pontecesures. A iniciativa está destinada a informar á veciñanza sobre normas e consellos para que os peóns circulen con seguridade, con especial atención ás persoas maiores.

A actividade conta coa colaboración do Concello e a entrada á charla, que se celebrará o mércores 29 de xaneiro ás 7  da tarde, é  libre e de balde. Os asistentes recibirán un chaleco reflectante de agasallo para que empreguen, sobre todo, en paseos nocturnos, co obxectivo de evitar os atropelos.

27 de xaneiro de 2014 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.