A directora dos Museos Científicos Coruñeses espera “demostrar a súa inocencia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
E.P.

A directora dos Museos Científicos Coruñeses, Mónica Igrexas,  prestou este venres declaración en Lugo ante a xuíza instrutora da ‘Operación Pokémon’, Pilar de Lara Cifuentes, no marco da fase denominada ‘Pikachu’, con doce imputados na Coruña. Segundo o seu avogado, ía demostrar a súa inocencia”.

Tras un receso para comer despois de prestar declaración un técnico do acuario, compareceu ante a xuíza instrutora a directora dos Museos Científicos Coruñeses, quen declinou facer declaracións, así como os outros dous imputados citados para este venres.

No entanto, o seu avogado, tras insistir en que non realizarían declaracións, limitouse a sinalar ao saír do xulgado pasadas as 17.30 horas, que a directora dos Museos Científicos Coruñeses ía demostrar a súa inocencia”.

Previamente, sobre as 15.15 horas abandonara os xulgados de Lugo o técnico da Casa dos Peixes Manuel Miramontes, que saíu da sede xudicial tras comezar a declarar sobre as 11.30 horas e declinou facer declaracións.

Para esta xornada tamén foi citado a comparecer nos xulgados de Lugo o director técnico da Casa dos Peixes, Francisco Franco do Amo, quen comezou a súa declaración ao concluír a de Igrexas pasadas as 17,30 horas.

DOCE IMPUTADOS NA CORUÑA

Na denominada fase ‘Pikachu’ foron imputadas 12 persoas, entre concelleiras e técnicos municipais do Concello da Coruña. Entre eles, está o primeiro tenente de alcalde, Xullo Flores (PP), e o concelleiro socialista José Nogueira.

Ademais do primeiro tenente de alcalde e portavoz do goberno municipal da Coruña, Xullo Flores, figuran como imputados un asesor seu e o actual concelleiro socialista e exresponsable das áreas de Contratación e de Tráfico durante os mandatos socialistas, José Nogueira.

Entre outros, figuran tamén unha asesora da Concellaría de Cultura; a xefa de Contratación, dúas traballadoras do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), entre elas a súa administradora, e o exjefe de asuntos económicos da área de Deportes.

3 de xaneiro de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.