A Diputación oferta en Cambre 10 prazas para unha viaxe a neve en marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Diputación concede a Cambre 10 prazas para rapaces empadroados no municipio e nos corresponde a 3ª quenda: do 7 ao 9 de marzo. A Deputación da Coruña, outro ano máis, realiza unha campaña de esquí na estación invernal de San Isidro (León) para 500 nenos de toda a provincia, nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os participantes disfrutarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursiños de esquí na estación de León. A entrada será o venres (día 7)  pola noite antes da cea e a saída o domingo (día 9) despois da comida. Cada participante aboará unha cota de inscrición de 36 euros.  As preinscricións só se poderán entregar no rexistro municipal do Concello (aberto de luns a venres de 9:00 a 14:00 h e os sábados de 9:00 a 13:00 h), no rexistro da Casa das Palmeiras (de luns a venres de 9:00 a 11:00 h) ou no rexistro da Barcala (de luns a venres de 12:00 a 14:00 h), e o prazo de presentación será do 22 ao 28 de xaneiro, ambos os dous incluidos.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, faremos un sorteo público nas oficinas de Deportes (R/ Río Barcés nº 8, A Barcala) o 29 de xaneiro ás 10:00 horas, e avisaráse por teléfono aos admitidos para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

22 de xaneiro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.