publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra investirá 650.000 euros na vía alternativa da Ponte das Achas na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou hoxe o concello da Cañiza para presentar o proxecto da vía alternativa da Ponte das Achas, acompañado do alcalde, Miguel Adolfo Domínguez, e do xefe de Servizos Técnicos de Infraestruturas, Manuel González Juanatey.

Debido á gran densidade de tráfico que soporta na actualidade a EP-5102 A Lamosa-A Franqueira-As Achas, que discorre polo concello da Cañiza, é necesaria a construción dunha ponte que salve o paso do río Deva. Por outra banda, tamén se contempla a construción dunha rotonda de enlace desta estrada coa EP-5002 A Cañiza-Mourentán.

O proxecto conta cun orzamento total de 650.369 euros e un prazo de execución de 6 meses para a realización do conxunto das obras a partir da data de replanteo. O prazo de garantía será dun ano a partir da recepción das obras.

Entre as obras propostas realizaranse a demolición de muro de cachotería en seco, retirada e amontoamento de escombros, carga mecánica de escombros sobre camión, demolición de cuberto existente, roce e limpeza de terreo; escavación de terras, canalizacións, terraplenado, estendido e compactado con terras: formación de gabias, nivelado de fondos, pavimentacións, peches e sinalizacións pertinentes, entre outras.

27 de xaneiro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.