publicidade hoxe

A Deputación de Ourense acometerá tarefas de mellora da seguridade viaria e sinalización en Coles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaColesOurense
A-
A+

Veciños e empresarios de Vilarchao (Coles) reuníronse hoxe co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para solicitarlle que a institución provincial realice unha serie de obras na estrada Gustei-Peares OU-0502 para mellorar a seguridade viaria e a sinalización neste vial de acceso ao núcleo de Vilarchao, así como o acondicionamento para acceso de peóns na devandita estrada. Asemade, os empresarios e veciños solicitaron melloras de infraestrutura viaria noutro punto da mesma estrada que da acceso ao núcleo de Vilarchao polas proximidades do centro médico e da Casa do Concello. Neste caso trátase de melloras de acondicionamento para paso de peóns.

A Deputación de Ourense asumirá tamén as obras de mellora do firme e asfaltado da OU-0502 comprendido entre o novo enlace desta estrada e o centro de Vilarchao, obras que incluirán ademais a construción de beirarrúas. O importe total desta obra ascende a 49.543 euros.

Asemade, Manuel Baltar comprometeuse diante dos veciños e empresarios a que se o concello de Coles inclúe no Plan Provincial de Obras as melloras do acceso dende a OU-0502 ata Vilarchao polo centro médico e a Casa do Concello, a Deputación asumiría a diferenza do custe da obra. Neste caso, o importe total das obras ascendería a 82.019 euros.

Dentro deste mesmo municipio a Deputación de Ourense está a realizar na actualidade obras de mellora na estrada OU-0514 (A Casilla-Barra de Miño), que consisten en reparación do firme a ampliación da estrada, por un importe de 192.479 euros.

29 de xaneiro de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.