publicidade hoxe

A Deputación de Lugo inviste 48.000 euros na mellora de dotacións veciñais na Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLugo
A-
A+

O Deputado de Economía do Medio Rural e do Mar, José Fernández, acompañado polo Alcalde fonsagradino Argelio Fernández Queipo, supervisou este xoves o resultado dalgunha das actuacións levadas a cabo neste Concello grazas á financiación da Deputación de Lugo. En total foron cinco obras, todas elas solicitadas polos veciños e que consistiron, fundamentalmente no acondicionamento e mellora de espazos e dotacións de uso común. Todas elas foron financiadas ó 100% pola institución provincial, cun orzamento total de 48.000 euros.

Nesta ocasión, José Fernández supervisou as obras da Igrexa de Santa María da Fonsagrada, na que se levou a cabo a rehabilitación integral do frontispicio desta importante referencia da arquitectura barroca na Montaña Lucense. O Deputado destacou “a importancia de conservar e mellorar as dotacións dos veciños do rural, mellorando a súa calidade de vida e impulsando a economía da zona” e recordou que “todos os Concellos da provincia contan actuacións similares financiadas completamente polo organismo provincial e solicitadas directamente polos veciños”.

No Concello de Fonsagrada acometéronse, pois, 5 actuacións incluíndo a supervisada hoxe na capitalidade do municipio. Outras destas foron a realizada en Pacios de Mourisco, onde se acondicionou unha fonte de uso comunitario grazas a unha axuda de 5.800 euros; na Fornada reformouse unha capela e nas Neves, o organismo provincial financiou o arranxo do cemiterio parroquial e, finalmente, en Paradavella, tamén se acometeron arranxos na Igrexa. En total, entre todas estas actuacións, a Deputación investiu no Concello da Fonsagrada preto de 48.000 euros en dotacións públicas e espazos de uso comunitario.

30 de xaneiro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.