A Deputación da Coruña resolveu 200 incidencias nas estradas durante os días de temporal
De feito, cada ano se asina un contrato con diferentes empresas que se ocupan da reparación urxente de danos en vías provinciais ocasionados por calquera circunstancia. Para isto, e co fin de facilitar a pronta atención das emerxencias por razóns de desprazamento, as estradas da provincia están divididas en oito zonas diferentes.
Ata o momento están resoltos todos os problemas detectados, quedando á espera unha revisión máis en profundidade de calquera dano que puidera ter causado o forte temporal das últimas semanas nas estradas provinciais.











