publicidade hoxe

A Deputación da Coruña achega 230.000 euros para a reparación de 30 camiños municipais de Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaOutes
A-
A+
O Pleno da Deputación da Coruña do mes de decembro deu luz verde a unha colaboración co Concello de Outes co obxecto de mellorar o estado de diferentes vías municipais. 

En total, serán 30 os camiños municipais beneficiados por estas actuacións nas que se incluirá a reparación de fochancas, a mellora da capa de rodaxe, a apertura de cunetas e a limpeza de salvacunetas co obxectivo dunha correcta drenaxe, tanto lonxitudinal coma transversal.

Para este fin, a Deputación achegará un total de 229.036,41 euros cos que se sufragará o 100% do investimento necesario para este fin.

As vías obxecto desta actuación son: Travesía en Vilar (Cando); Acceso a Cuns-Xeral a Fonte (Cando); Camiño da Corga o Cotón (Cando); interiores en Vilardigo (Cando); Camiño Taller Martelo-Curva de Espiñeiro (Entins); Camiño de Terrete a Entins; Acceso a Castiñeiros-Horta do Muiño (Entins);  Camiño Xeral a Cemiterio Novo (San Ourente); Balado a Monsteiro ata a de Susa (San Ourente); Areosa-Ponte Vilar (San Ourente); de Carballeira-Cruce Cepa Quintela (San Ourente); Electroruso-cruce Gelusa (Outes); Centro Social a Boel (Outes); Acceso Lantaron (Outes); Pavimenta interior en Lantarou (Outes); Igrexa-Casa de Val-A Torre (San Lourenzo); Acceso a Crespos I (Valadares); Acceso a Crespos II (Valadares); De Crespos a Xendil (Valadares); Interior na Carballa (Outes); Pavimentación Cruce Miras (Outes); Cristo do Pombeiro a Roo de Arriba (Roo); C. José a de Nucho (Roo de Arriba); Igrexa a Fonte (Roo); Da Xeral a Ferrín por Villade (Roo); De Nolito a Praza Bendimon (Roo); de Ferrín a de Broña por Abaixo (Roo); Estrada Xeral a Rotonda (San Cosme); Rotonda a Lagoa (San Cosme) e Vara a Portela (San Cosme).

2 de xaneiro de 2014 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.