A confraría da Guarda percibirá case 68.000 euros para xestión e vixilancia

Cores Tourís na visita á cofraría
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a sede da confraría da Guarda, acompañado polo patrón maior deste pósito, Francisco Pérez.
Tamén estiveron presentes na visita o xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois e a coordinadora da área de Mar en Pontevedra, Sonia Lorenzo.
Durante a visita, o responsable da Delegación Territorial aproveitou para anunciar que o pósito de A Guarda recibirá case 68.000 euros dentro dos convenios de colaboración coas diversas confrarías da provincia para a xestión e conservación de zonas de produción e vixilancia.
Neste senso, destacou que a cantidade destinada dende a Consellería de Medio Rural e do Mar a este fin roldará en Galicia os 3,2 millóns de euros, correspondendo á provincia de Pontevedra 1,5 millóns. “Destas subvencións, A Guarda percibirá case 68.000 euros”, concluíu Cores Tourís destacando que esta cantidade será destinada a asistencia técnica para o posto de biólogo e a contratación de tres vixiantes durante 12 meses.
“Os datos aportados demostran a implicación da Consellería coas confrarías da provincia de Pontevedra”, engadiu o responsable territorial. “A conselleira de Medio Rural e do Mar aposta por este sector que é vital para a esta provincia, xa que estamos a falar das que soen ser a principais empresas das localidades: as confrarías”.











