A Confederación Hidrográfica e a Deputación de Ourense acometerán unha nova infraestrutura na Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Deputación de Ourense a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estudan cooperar para poñer en marcha unha nova infraestrutura ambiental na comarca da Limia. Coa finalidade de asinar un convenio como o que une a ambas administracións para a construción da depuradora en Padrenda, o presidente provincial, Manuel Baltar, e o presidente da CHMS, Francisco Marín, xunto co alcalde de Trasmiras e deputado provincial de Agricultura, Emilio Pazos, examinaron a posibilidade de levar a cabo unha nova actuación conxunta dentro da política medioambiental que persigue a mellora da comarca de A Limia, eminentemente agrícola. Logo desta xuntanza convocaranse reunións técnicas que concretarán o proxecto a realizar, a súa especificidade medioambiental e o seu ámbito xeográfico para que poida entrar en funcionamento antes de que remate o año 2015.

17 de xaneiro de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.