A Compañía María proclámase campiona do Torneo Solidario AFAC a favor de A.F.A.C.O
A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) organizou o fin de semana, 4 e 5 de Xaneiro, no Pavillón do Barrio das Flores, un Torneo Solidario en categoría Iniciación (nenos de 4 e 5 anos), co obxectivo de recadar fondos a favor da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias afíns da Coruña (A.F.A.C.O.). No deportivo, os máis pequenos fixeron a delicia de todos ao longo dos dous días de competición. O dezaseis equipos participantes repartíronse en catro grupos de catro, dos cales só o primeiro clasificado lograba o billete para as semifinais. O catro equipos clasificados foron Atlético Os Castros, Compañía María, Imperátor OAR e Sporting Coruñés. A semifinal máis igualada foi a disputada entre o Atlético Os Castros e a Compañía María, pois os primeiros se adiantaron no marcador e mantiveron a súa vantaxe até os minutos finais de partido, nos que a Compañía espertou e conseguiu darlle a volta ao marcador (1-2), clasificándose para a final. Na semifinal entre o Imperátor OAR e o Sporting Coruñés, os da Sacra Familia se impuxeron sen apuros (3-0). Na gran final entre a Compañía María e Imperátor OAR, a formación colexial non quixo pasar os apuros da semifinal e saíu a por todas ante os rojillos, que pouco puideron facer para frealos. Así a Compañía María gañou por un cómodo 3-0, proclamándose campión do Torneo Solidario AFAC a favor de AFACO. A entrega de medallas e trofeos a todos os equipos participantes foi levada a cabo polo presidente da AFAC Manuel Vázquez e a presidenta de AFACO María del Carmen Martínez. O cadro de honra o compoñen como cuarto clasificado o Sporting Coruñés, terceiro clasificado o Atlético Os Castros, subcampión o Imperátor OAR e campión o Compañía María. A sorpresa do Torneo Solidario ocorreu á conclusión da entrega de medallas e trofeos coa visita dos Reis Meigos, que fixeron a delicia dos máis pequenos, que aproveitaron para facerlles as últimas peticións de agasallos.











