A cervexería Manhattan de Monforte reparte entre 12 e 15 millóns do primeiro premio do Neno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+
E.P.

A cervexería ‘Manhattan’, na localidade de Monforte de Lemos (Lugo) foi un dos establecementos que vendeu o primeiro premio do sorteo da lotaría do Neno, concretamente o número 76254 que tocou integramente no municipio.

O dono deste establecemento, Luís Maceda, calculou en declaracións a Europa Press que neste local puideron vender preto de 15 millóns de euros “todo a décimos”.

Maceda non ocultou a súa alegría e destacou que se atopa “en estado de éxtase”, dado que tamén lles tocou “algo” a eles e non só aos seus clientes.

“Todo o mundo vén darme abrazos, o teléfono non para de soar”, destacou o dono do ‘Manhattan’, reiterando a súa “enorme alegría” por poder repartir parte deste premio.

O número 76254 foi agraciado co ‘Gordo’ do Sorteo Extraordinario do Neno, dotado con dous millóns de euros por serie, que foi vendido na administración número 3 de Monforte de Lemos (Lugo).

6 de xaneiro de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.