A CEC organiza unha xornada sobre a zona única de pagos en euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+

A Confederación de Empresarios da Coruña, que preside Antonio Fontenla Ramil, organiza o vindeiro xoves, día 30 de xaneiro, unha xornada titulada “SAIBA: zona única de pagos en euros. Retos e oportunidades na actividade empresarial”. A cita, en cuxa organización colabora Novagalicia Banco, dará comezo ao sete da tarde.

A xornada será impartida por José Liño Comesaña Calvo, xerente de Financiamentos Institucionais de NCG Banco, e Manuel Rodríguez López, doutor en Ciencias Económicas e Empresariais e responsable da Xerencia da área de Servizos Operativos de Cobros e Pagos de devandita entidade bancaria.

Os interesados en participar no encontro, destinado a empresarios, profesionais e consumidores, deben formalizar a súa inscrición na Confederación de Empresarios da Coruña.

28 de xaneiro de 2014 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.