A Catedral de Tui acolle un seminario sobre “relixiosidade popular na historia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A  Asociación de Amigos da Catedral, en colaboración co Cabildo da S.I Catedral, o Concello de Tui e a Aula UNED, organiza o seminario “Relixiosidade popular na historia: un diálogo multidisciplinar entre cultura, arte e espiritualidade”. O curso terá lugar esta fin de semana, do venres 31 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro, e busca achegar ao público en xeral a relixiosidade popular no contexto socio-cultural da comarca do Alto Miño Luso e o Baixo Miño Galaico.

Os poñentes descubrirán aos asistentes as diferentes formas de manifestación desta relixiosidade popular dentro da tradición, o arte e a cultura nas dioceses de Tui e Braga.

O seminario comezará este venres 31 de xaneiro co relatorio “A relixiosidade franciscana no sur de Galicia e norte de Portugal”, a cargo de Mª Dolores Fraga Sampedro profesora titular de Historia do Arte na Universidade de Santiago de Compostela. O sábado 1 de febreiro, ás 20h, Domingo Gonzales Lopo continuará con este percorrido histórico pola relixiosidade popular coa poñencia “Confrarías e relixiosidade popular a beira da raia luso-galaica: as dioceses de Tui e Braga”. A clausura do seminario, o domingo 2 de febreiro ás 18h, correrá a cargo do historiador tudense Suso Vila que impartirá a conferencia “As orixes do culto da relixiosidade popular na fronteira do Miño. Os exemplos de San Treçon, San Telmo e Santa María do Camiño”. Á súa finalización, realizarase unha visita guiada aos diferentes elementos da relixiosidade popular na Catedral de Tui, Capela de San Telmo e a Igrexa de Santo Domingos. Todas as ponencias terán lugar na Catedral de Tui.

As xornadas son gratuítas e abertas ao público en xeral. Os asistentes que desexen obter un certificado de participación no curso expedido pola Aula da UNED de Tui, deberán formalizar previamente a matrícula, cun custe de 10 euros, na páxina web www.unedpontevedra.es.

27 de xaneiro de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.