A Casa Solidaria de Ferrol expón os traballos do II Concurso de Debuxo “que é para ti a inmigración?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, informou hoxe da apertura da exposición dos traballos presentados ao segundo concurso de debuxo para escolares de Primaria do municipio “Que é para ti a inmigración?”. Este certame foi convocado pola Concellería de Benestar Social, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, enmarcado dentro do I Plan Local de Inmigración. A mostra estará dispoñible ao público dende hoxe e ata o domingo día 11 de xaneiro na Casa Solidaria, situada na Avenida de Vigo.

Os debuxos representan  temas relacionados coa convivencia intercultural, así como coas distintas costumes, usos, vestimentas, folclore, etc., das persoas procedentes doutros países. Os gañadores do segundo certame de debuxo ¿Que é para ti a inmigración? recibiron o pasado mes de decembro os seus premios que consistiron nunha cámara dixital, unha caixa de pinturas, un lote de libros infantís, unha PSP, un MP-4 e uns auriculares.

9 de xaneiro de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.