A Casa da Cultura de Lousame acolle a exposición “Cadernos de viaxe” de José Luís Veiras Manteiga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLousame
A-
A+

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e José Luís Veiras Manteiga, pintor noiés afincado en Lousame, inaugurarán mañá venres 24 de xaneiro, ás 20:30 horas, a exposición “Cadernos de Viaxe”. Trátase dunha mostra de pintura que poderá visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame ata o vindeiro 19 de febreiro, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

José Luís Veiras Manteiga é un polifacéTunisiatico pintor, debuxante, ilustrador e caricaturista noiés que dende o ano 2001 é veciño de Lousame. As súas obras conforman coleccións públicas e privadas en países coma Estados Unidos, Canadá, Túnez, Holanda, Alemaña, Francia e España. Ten realizado exposicións en Francia (Laval, Rennes, Nantes, París, Caen, Mayenne, Le Mans…), Alemaña (Ausburgo, Mettman, Gundemmigen, Auchach…), Polonia (Opole, Nysie, Gloucholary, Pruoniku, Pazcow…), Holanda (Deventer) e España (Santiago, Plasencia, Segovia, Cartagena, Madrid, Murcia…).

Entre as súas múltiples actividades culturais, José Luís Veiras Manteiga foi colaborador de distintos xornais galegos como El Correo Gallego, El Ideal Gallego, El Progreso ou La Voz de Galicia, ben como columnista ben como caricaturista. Tamén foi presentador do programa “A Estornela” en Canal Tambre, de 2003 a 2006, e colaborador na TVG. Ten tres cómics publicados: “Folgar de Brigantia”, “Fuxidos” e “Noia, porto de Compostela”. Así mesmo, ten ilustrado obras de escritores como Antón Avilés, Xosé Agrelo, Maxi Olariaga, María Xosé Canitrot, Manoel Fabeiro, Francisco Vidal e Ramón Carredano.

23 de xaneiro de 2014 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.