publicidade hoxe

A Cabalgata de Reis percorrerá as principais rúas de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O Concello de Boiro organiza o 5 de xaneiro unha cabalgata chea de sorpresas para recibir a chegada dos Reis Magos en Lampón. O percorrido sairá ás 17.30 h. da Magdalena con dirección a Goians, Ponte Goians, rúa Principal (ata o Concello), rúa Peonil (Santos Mieites, Pablo Iglesias), avenida Compostela, Paseo Marítimo, Escarabote, Pontellón, Escarabote, Porto de Escarabote, Pontellón, Porto de Escarabote e rematando coa Misa no Centro Social de Escarabote

Actuarán os grupos musicais Oje de Ferrol, Buxaina dende Taragoña, o Grupo de Gaitas Arume, a Charanga Os Armadanzas, a Banda de Música de Boiro, o grupo de música tradicional Trécola da Pobra do Caramiñal e o grupo de gaitas Barlovento tamén da Pobra do Caramiñal.

3 de xaneiro de 2014 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.