publicidade hoxe

A cabalgata de Reis pechará o programa de actividades de Nadal do Concello de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares rematará o vindeiro domingo, día 5, o seu programa de actividades de Nadal, coa tradicional cabalgata de Reis. Como xa ven sendo habitual, e agás que as condicións meteorolóxicas o impidan, as carrozas chegarán sobre as 16.30 horas á praza do Pedregal de Redes, dende donde sairán para parar en Barracido, Pedros, Chanteiro (O Outeiro), Cervás (CIRS) e Ares. Na vila, as Súas Maxestades de Oriente percorrerán as principais rúas, como a Porta do Sol, avenida de Redes, Saavedra Meneses, praza da Igrexa, rúa Real, avenida de Mugardos, Aviador Franco e pavillón municipal. Nesta dependencia municipal, sobre as 19.30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os nenos e nenas que o desexen, se ben dende as cinco da tarde haberá hinchables dos que poderán disfrutar as e os pequenos que acudan con anterioridade da chegada dos Reis.

Así mesmo, mañá haberá dúas actividades. A primeira, de carácter deportivo, consiste nunha xornada familiar de portas abertas no complexo acútico do Castro. Entre as 16.15 e as 19.15 horas, haberá entrada libre para todas as personas que queiran participar nos xogos acúaticvos programados –os menores de doce anos deberán estar acompañados en todo momento por unha persoa adulta-.

Ademais, e xa no eido cultural, a bilbioteca municipal acollerá entre as cinco e as sete da tarde un obradoiro de contacontos e bonecas recortables. Esta iniciativa, de balde, está pensada para a participación de todos os membros da familia, e as e os interesados deberán inscribirse previamente nas dependencias municipais.

2 de xaneiro de 2014 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.