A Cabalgata de Reis da Coruña contará cun dispositivo especial de Seguridade e Tráfico con 150 efectivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que, con motivo da Cabalgata de Reis, porá en marcha un Dispositivo Especial de Seguridade e de Tráfico no que traballarán de forma coordinada un total de 150 efectivos da Policía Local, Protección Civil e do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. No dispositivo tamén participará o Corpo Nacional de Policía e a Cruz Vermella, así como un servizo de atención, regulación e control do tráfico.

O departamento que dirixe Xullo Flores fai un chamamento á colaboración dos cidadáns e recomenda que ese día utilicen o transporte público ou se acheguen camiñando aos diferentes puntos de percorrido da cabalgata co obxectivo de evitar atascos. Os traballos da Policía Local iniciaranse os días anteriores coa sinalización de zonas de afección e restrición de aparcadoiros e, o sábado pola mañá realizarase o acompañamento das carrozas para o seu traslado á zona de inicio de traxecto. Estableceranse 34 puntos de control e regulación de tráfico, no que intervirán as patrullas de motos e persoal da Unidade de Tráfico e da Unidade de Distritos da Policía local.

En canto ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, comezará o seu servizo ás 16.00 horas do día 5 de xaneiro, establecéndose:

-Un equipo con 4 bombeiros que pechará a Cabalgata.

-Un equipo de 6 bombeiros situado no Campo da Leña, coa finalidade de atender as posibles incidencias que se produzan na zona de Cidade Vella, Monte Alto e zona Centro.

-Un equipo que permanecerá de retén no Parque de Bombeiros para atender o resto da cidade.

O equipo de Protección Civil contará con 2 técnicos municipais e 50 voluntarios da Asociación de Voluntarios de Protección Civil, ademais de 3 ambulancias (unha delas de Cruz Vermella) e 3 vehículos que acompañarán á cabalgata. Disporase de persoal en bicicleta para poder facilitar os desprazamentos e favorecer a rapidez de intervención ao longo do itinerario. Ademais, o servizo municipal de Protección Civil preparou o Plan de Autoprotección deste evento e instalaranse 3 postos sanitarios de Cruz Vermella na Praza de Ourense, Entrejardines e Avenida da Mariña (á altura do Teatro Colón).

Percorrido e vías cortadas ao tráfico

Ás 17.30 horas, as súas Maxestades os Reis Meigos chegarán ao Peirao de Calvo Sotelo, á altura da Praza de Ourense, onde esta previsto que cheguen ás 18.00 horas. O percorrido da comitiva será o seguinte: Estrada de Oza – Ramón e Cajal – Avenida Fernández Latorre – Custa da Palloza – Avenida de Primo de Rivera – Avenida de Linares Rivas – Praza de Ourense – Sánchez Bregua – Cantóns – Avenida da Mariña – Avenida de Montoto – Praza de María Pita.

A duración prevista é de tres horas e como novidade, a cabalgata discorrerá no sentido contrario da marcha en todo o percorrido, excepto no tramo de Catro Camiños á Praza da Palloza. Desta forma, o público estará máis protexido, no caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas.

O Concello habilitou as seguintes vías alternativas de entrada e saída da cidade:

-Saídas da cidade desde a zona de Monte Alto: Paseo Marítimo cara a Rolda de Outeiro e Terceira Rolda ou por Praza de Pontevedra e Juan Flórez.

-Entradas á cidade. Para as zonas da Estación, Mallos, rúa Barcelona e Os Rosales, deberase coller o desvío a Rolda Outeiro. Para as zonas de Juan Flórez, Federico Tapia, Falperra, recoméndase o desvío a Castiñeiras. E para a zona dos Rosales, Riazor e Monte Alto, aconséllase a Terceira Rolda.

Para entrar e saír de Cidade Vella e Monte Alto poderanse circular por Linares Rivas e Alférez Provisional (para saír destes barrios tamén se poderá pola praza de Ourense e San Andrés); mentres que na zona centro haberá dous carrís protexidos desde a praza de Ourense até Alfonso Molina e a avenida Primo de Rivera.

Vías co tráfico cortado

Acceso ao Porto.  Só se permitirá o acceso a Oza a través da AC-10 (Túnel de Eirís)

AC-12 (Av. da Pasaxe) (Av. do Exército). Desviarase o tráfico de entrada á cidade cara á Rolda de Outeiro á altura da gasolineira.

Av. Xeneral Sanjurjo. Desviarase o tráfico de entrada á cidade cara á Rolda de Outeiro.

Alcalde Pérez Ardá. Non se permitirá a circulación cara a Ramón e Cajal, excepto ao parking dos centros comerciais e Estación de Autobuses.

Av. de Enrique Salgado Torres. Non se permitirá a circulación no sentido de Lonzas cara ao Porto.

Rúa Ramón e Cajal. Cortaranse os dous sentidos de circulación.

Rúa de Cabaleiros. Cortarase o tráfico desde Pérez Ardá cara a Catro Camiños, excepto o acceso á Estación de Autobuses.

Rúa de Cabaleiros. Tramo paralelo á Av. de Alfonso Molina. Desviarase por baixo da Av. de Alfonso Molina cara á rúa Fernando Rei.

Rúa do Marqués de Amboage. Cortarase o tráfico cara a Catro Camiños.

Cale Santiago Rey Fernández Latorre. Cortarase o tráfico en ambos os sentidos.

Costa da Palloza. Cortarase o tráfico en ambos os sentidos.

Av. de Primo de Rivera. Cortarase o tráfico en ambos os sentidos.

Rúa do Pai Feijoo. Cortarase o tráfico cara á praza de Ourense.

Av. de Linares Rivas, Sánchez Bregua, Cantóns, Av. da Mariña e Av. de Montoto. Cortarase o tráfico en ambos os sentidos.

Rúa de Teresa Herrera. Desde praza de Pontevedra cara a praza de Lugo. Cortarase á altura da cafetaría Manhattan para enviar a circulación cara a Juana de Veiga e despois tomarase pola rúa Betanzos cara a  praza de Pontevedra ou Juana de Veiga.

Rúa de Santa Catalina. Investirase o sentido de circulación para envialo cara a San Andrés.

Abrirase progresivamente segundo o público vaia deixando libre a calzada.

3 de xaneiro de 2014 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.