A biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo acolle a mostra bibliográfica de fotografía “Do Daguerrotipo ao pixel”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

A biblioteca Xosé Neira Vilas expón durante o mes de xaneiro unha mostra bibliográfica relacionada co mundo da fotografía: os seus autores, as súas técnicas e a súa evolución poderase observar nesta mostra.

Con esta mostra bibliográfica e audiovisual a biblioteca quere homenaxear aos grandes fotógrafos: Cartier-Bresson, Catalá Roca, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Cappa, Man Ray, García-Alix, Helmut Newton, Korda, Virgilio Viéitez, Vari Caramés, Xurxo Lobato…

Horarios:
Mañás: martes a sábado de 10:30 h a 14:00 h – Tardes: luns a venres de 17:00 h a 20:30 h

Lugar:
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

10 de xaneiro de 2014 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.